Servizo de restaurante

O noso establecemento ademais tamén é un restaurante, polo que poderás gozar dos máis autóctonos pratos en calquera ocasión (fóra do prezo do servizo).

Seguir lendo

Localización emblemática

Estamos situados en Santa María de Arzúa, terra de queixos, da ruta cabalar (que pasa por diante nosa), escenario da queima do castelo de Santa María. A nosa localización favorece a experiencia do peregrino, ao que invitamos que visite noso marabilloso pobo.

Seguir lendo

Dámosche a benvida!

Preocupámonos pola túa comodidade. Os nosos clientes dino.

"Pensión O Gloman brindoume o que necesitei sen preocuparse polo custo do servizo, unicamente pola calidade deste. Estou encantada. ", cóntannos os nosos clientes. O Gloman é unha pensión-restaurante situada no Camiño de Santiago na súa antepenúltima parada: Arzúa. Goza dunha tranquilidade acolledora e é escenario da ruta cabalar ademais da queima do castelo de Santa María. Somos unha empresa humilde e próxima cos nosos clientes. Incorporamos todo tipo de comodidades gratuítas cun servizo ao mellor prezo. Sempre estaremos aí e non lle faltará de nada, ben se a súa estanza é prolongada como breve.

Seguir lendo: Acerca de & servizos

Deseño por Juan Rocamonde

© 2014 Pensión O Gloman S.L. Todos os dereitos reservados.