Por que elixirnos?

Localización emblemática

Estamos situados en Santa María de Arzúa, terra de queixos, da ruta cabalar , escenario da queima do castelo de Santa María.

Arzúa está situado no centro sur da provincia coruñesa, sendo a mellor alternativa próxima e equidistante das grandes cidades galegas como Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. Unha localidade moderna que ofrece todas as ofertas e servizos que se poden encontrar en calquera cidade. Reúne os seus veciños e visitantes que que chegan para gozar das súas tradicionais festas e feiras gastronómicas ou descansar en contacto coa Natureza, nas súas áreas recreativas e espazos naturais. Arzúa comeza a ser claramente mencionada e a gozar de importancia histórica, a partir do comezo das peregrinacións a Santiago de Compostela, porque é a décimo terceira e final da penúltima etapa do Camiño Francés, segundo o Códice Calixtino. Restos desta época constitúeno os dous hospitais para peregrinos, un deles o de Ribadiso, reconstruído e reconvertido en albergue Xacobeo e o do convento dos Agostiños, do que se conserva en parte a fábrica e a capela de Magdalena, que era a igrexa deste.

Servizos

Facilidades para discapacitados

Contamos con todo tipo de facilidades para discapacitados (por exemplo, WC adaptado) para que lles resulte máis levadeira a estanza.

Cuartos dobres e de matrimonio

Ofrecemos dúas modalidades de aloxamento, ben un cuarto dobre ou unha de matrimonio, ambas as dúas polo mesmo prezo.

Baño e ducha privados de auga quente

Nustras cuartos están perfectamente equipadas de modo que contan cun baño privado en cada unha delas, que incorpora auga quente.

Servizo de cafetaría e restaurante

O noso establecemento ademais tamén é un restaurante, polo que poderás gozar dos máis autóctonos pratos en calquera ocasión (fóra do prezo do servizo).

Aparcadoiro exterior

Contamos con aparcadoiro no cal poderá deixar o seu vehículo libre de custo durante a súa estanza.

Televisión nos cuartos

Incorporamos en todos os cuartos un televisor con TDT que recolle todas as cadeas nacionais e locais.

Almorzos a cuarto

Ofrecemos un servizo de almorzo fóra do prezo de servizo.

Zona WiFi

Brindámoslle unha rede inarámica gratuíta pola cal pode navegar sen límites nin reestriccións.

Deseño por Juan Rocamonde

© 2014 Pensión O Gloman S.L. Todos os dereitos reservados.